top of page

Melide acolle o 18 o concerto ‘Mip Natura’, unha cita que une música, inclusión e sustentabilidade

hace 8 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Melide

O Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide será escenario este mércores 18 de novembro, ás 19:00 horas, do concerto ‘Mip Natura’, unha iniciativa que reunirá artistas de diferentes entidades sociais e formacións musicais nunha celebración da música, a inclusión e o respecto polo medio ambiente.

O espectáculo contará coa participación de Diversos Funcionais da Fundación Hospitalarias Betanzos, do Centro Ocupacional de Melide e de Fudace, xunto coa Banda de Música de Arca, Rosa Cedrón, Davide Leira, Ricardo Prado, o Grupo Vocal EntrElas e o Coro Ludus Tonalis.


Durante o concerto interpretaranse os Mantras Medioambientais, unha composición de Robert Pier, compositor e musicoterapeuta que preparou esta proposta musical xunto cos artistas das distintas entidades sociais participantes.

 PUBLICIDADE

A iniciativa pretende converter a música nun punto de encontro entre persoas e colectivos diversos, promovendo valores como a sustentabilidade, a inclusión e a irmandade.

A organización anima a toda a veciñanza a achegarse ao auditorio para compartir unha tarde na que haberá música, canto e baile.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O concerto enmárcase na convocatoria de O Teu Xacobeo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia, así como coa colaboración dos concellos de Melide, Arzúa, Boimorto, Vilasantar, Sobrado, O Pino e Castro de Rei.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page