O Concello de Santiso organiza o seu campamento de Nadal do 26 de decembro ao 4 de xaneiro
Está dirixido aos menores con idades comprendidas entre 3 e 12 anos e o prazo de inscrición comezará o 28 de novembro
Laura Moure/Santiso
O Concello de Santiso promove o seu campamento de Nadal dirixido aos menores con idades comprendidas entre 3 e 12 anos (deben ter ese tramo de idade durante a realización da actividade). O horario será de mañá, de 10:30 a 13:30 horas e terá unha única quenda que será desde o 26 de decembro de 2022 ao 4 de xaneiro de 2023 (oito días). Realizarase no antigo colexio de Visantoña e non haberá servizo de transporte.

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, os criterios de adscrición de praza serán os seguintes:
Os casos de emerxencia social do Concello de Santiso, que estarán exentos de pago presentando o correspondente informe do Servizos Sociais do Concello.
Os/as nenos/as empadroados no Concello de Santiso.
Os escolarizados no CEIP de Arcediago.
O resto de solicitudes. En todos os casos terase en conta a orde de rexistro de entrada no concello de Santiso.
Prezos
A contía do prezo público regulado está fixada na ordenanza e serán as tarifas que se citan a continuación:
Para os nenos/as empadroados ou escolarizados en Santiso a contía total será de 10 euros. A data de empadroamento ou escolarización deberá ter unha antigüidade mínima de dous meses.
Para os nenos/as de fóra do concello o prezo será de 20 euros. A diferenza de importes considérase unha subvención de oficio do Concello para os seus veciños e escolares
Inscricións
O prazo de inscricións será desde ás 00:00 horas do día 28 de novembro ata ás 23:59:59 horas do día 9 de decembro. A lista de persoas admitidas publicarase o14 de decembro e o pagamento de taxas será do19 ata o 22 de decembro.
Os interesados poden consultar as bases completas así como os documentos que deben cubrir no seguinte enlace:








Comentarios