top of page

O Concello de Santiso impulsa a compostaxe doméstica e abre unha nova convocatoria

Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso continúa coa súa aposta pola xestión sostible dos residuos e pon en marcha unha nova fase da campaña de compostaxe doméstica. O obxectivo é seguir mellorando o tratamento do lixo municipal, reducindo o seu volume e os custos asociados á recollida, transporte e tratamento.

ree

Pode unirse a esta iniciativa quen o desexe. O programa de compostaxe doméstica permítete transformar os residuos orgánicos en abono de primeira calidade para a horta ou xardín.


Para participar, os interesados teñen que anotarse no Concello. As persoas inscritas recibirán:

  • Unha xornada de formación sobre como facer compostaxe na casa.

  •  Un kit completo de compostaxe composto por: un composteiro doméstico, un caldeiro para separar os residuos na cociña, un imán de neveira de correcta separación e un manual de compostaxe.

  • Asesoramento técnico individualizado para resolver calquera dúbida.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Así, podédesvos unir as máis de 100 vivendas do noso municipio que xa están a facer compostaxe doméstica. Ademais, nas próximas semanas realizaranse visitas de seguimento por parte de persoal autorizado a todos os composteiros xa instalados, para verificar o seu bo funcionamento e ofrecer apoio no que sexa necesario", sinala o Concello de Santiso.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page