O concello de Santiso acolle mañá dúas charlas sobre prevención de atropelos
Laura Moure/Santiso

O concello de Santiso albergará mañá, luns día 14, dúas charlas que teñen por obxectivo a prevención de atropelos. Estarán impartidas polo coordinador provincial de educación viaria.
Unha terá lugar en Visantoña, no centro social de Seone ás 9:30 horas e outra, en Arcediago, no antigo Concello, ás 11:00 horas.
Ademais, entregaráselles un chaleco reflectante aos asistentes.








Comentarios