top of page

O Concello de Rodeiro inicia con éxito o tour polas catro provincias coa 1ª excursión á Costa Ártabra

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro iniciou con éxito o tour polas catro provincias coa primeira excursión á Costa Ártabra. A concelleira Begoña Vázquez impulsou esta iniciativa organizada polo Concell, que deu comezo onte coa primeira das viaxes programadas dentro do Tour polas catro provincias. A excursión á Costa Ártabra reuniu a un total de 82 cambotes, que se desprazaron en dous autobuses para desfrutar dunha xornada chea de paisaxes, patrimonio e convivencia.

A primeira parada da ruta foi en Betanzos, onde os participantes puideron pasear polo seu fermoso casco histórico. Posteriormente, o grupo dirixiuse ata Valdoviño, facendo unha visita á Ermida da Virxe do Porto, un enclave de gran valor paisaxístico e cultural.

Tras o xantar, a excursión continuou cara a un dos lugares máis emblemáticos de Galicia, San Andrés de Teixido, onde os asistentes coñeceron as tradicións e lendas deste santuario único. A continuación, a viaxe levou aos participantes ata a espectacular Garita da Herbeira, un dos miradoiros máis impresionantes de Europa, desde onde puideron contemplar os cantís máis altos da Europa continental.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Como broche final da xornada, o grupo realizou unha parada en Vilalba, antes de emprender a viaxe de regreso a Rodeiro.


A actividade desenvolveuse nun ambiente inmellorable, combinando turismo, cultura e convivencia entre os veciños e veciñas. A alta participación e o excelente desenvolvemento da excursión confirman o éxito desta iniciativa promovida por Begoña Vázquez e organizada polo Concello de Rodeiro, que continuará nas vindeiras semanas co resto de destinos previstos nas catro provincias galegas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Concello agradécese a participación de todas as persoas asistentes, así como a colaboración de todos os que fixeron posible esta primeira saída, que deixou un magnífico sabor de boca e moitas ganas de seguir descubrindo Galicia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page