top of page

O Concello de Rodeiro impulsará durante o mes de agosto unha programación para todas as idades

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro impulsará durante o mes de agosto unha programación de actividades para todas as idades co obxectivo de dinamizar o verán, fomentar a convivencia e consolidar o municipio como un destino atractivo para o lecer, a natureza e o turismo. A proposta combina deporte, actividades familiares, ocio xuvenil e a celebración dun acontecemento astronómico excepcional, como é o eclipse solar do vindeiro 12 de agosto, que converterá Rodeiro nun dos mellores lugares de Galicia para a súa observación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A programación arrancará o 8 de agosto coa tradicional Festa Acuática na Piscina Municipal, unha xornada con inchables acuáticos, música, animación, actividades deportivas e petiscos pensada para o desfrute de familias e veciñanza. Entre os días 12 e 14 de agosto celebrarase a Acampada Xuvenil no Monte Suíme, dirixida a mozos e mozas de entre 9 e 15 anos, que combinará actividades de aventura, convivencia e educación ambiental, incluíndo tamén a observación do eclipse solar.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Precisamente, o eclipse será un dos grandes protagonistas do verán en Rodeiro. O Concello habilitará os miradoiros de Val de Camba e Espasante como puntos recomendados para seguir este fenómeno astronómico, facilitando o acceso á información mediante códigos QR e repartindo gafas homologadas para a observación segura do eclipse, co fin de que a cidadanía e as persoas visitantes poidan desfrutar deste acontecemento con todas as garantías de seguridade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde en funcións, Alberte Lamazares, e a concelleira de Cultura, Xulia Dacal, subliñan que "esta programación nace coa vontade de ofrecer un verán activo e participativo, con propostas para todas as idades que fomenten a convivencia, o deporte e o desfrute da natureza. Ao mesmo tempo, queremos aproveitar a oportunidade que supón o eclipse solar para amosar Rodeiro como un concello acolledor, con recursos naturais e paisaxísticos únicos e cunha ampla oferta de actividades para veciñanza e visitantes."

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Goberno municipal destaca que esta programación forma parte dunha estratexia para reforzar a actividade social, cultural e turística, promover hábitos de vida saudables, apoiar o comercio e a hostalaría locais e poñer en valor a riqueza paisaxística e o patrimonio natural de Rodeiro, aproveitando a repercusión dun evento de alcance internacional para proxectar a imaxe do concello dentro e fóra de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page