top of page

O Concello de Rodeiro anuncia que deixa listos para executar investimentos por 275.000 €

Están orientados á renovación do alumeado público en zonas rurais, o arranxo e restauración de fontes e lavadoiros e o cambio da cuberta do pavillón municipal


Laura Moure/Rodeiro

O goberno local de Rodeiro informou na xornada deste venres que deixa listos para executar outros tres investimentos de calado por un importe global superior aos 275.000 euros e que están orientados á renovación do alumeado público en zonas rurais, o arranxo e restauración de fontes e lavadoiros e o cambio da cuberta do pavillón municipal.


O alcalde en funcións, Rubén Quintá, explicou que estas tres obras, só pendentes dos

derradeiros trámites administrativos e do inicio das mesmas, únense aos máis de 1,1

millóns de euros en 17 actuacións de asfaltados de pistas e de vías interiores de núcleos

rurais que xa remataron a súa parte burocrática e só están á espera da adxudicación e do

arranque dos traballos.

“Están en marcha investimentos moi fortes que benefician a practicamente todo o concello

por case 1,4 millóns de euros, polo que cumprimos co que dixemos de traballar durante

todos os días da lexislatura e ata o final da mesma”, manifestou Quintá, que explicou que

quixo facer este exercicio de transparencia “para que os veciños saiban de primeira man

como deixamos as cousas”, en referenza a que xa non tomará posesión no pleno de

constitución previsto para hoxe, sábado.


En canto a estas tres novas actuacións, a de maior investimento é a consistente na

remodelación do polideportivo municipal por un importe de 199.000 euros, dos que 140.000 euros procederán dunha axuda que vén de ser concedida pola Xunta de Galicia. Esta obra consistirá na retirada da cuberta existente e a súa substitución por outra con material illante e a instalación de placas solares para xerar enerxía para a auga quente desta instalación e o volcado da sobrante na rede co obxectivo de obter rebaixas na factura eléctrica municipal.


O segundo proxecto xa listo oriéntase á rehabilitación das fontes e lavadoiros de Laxas, Santa Mariña e San Cristovo cun investimento de 48.339 euros financiado ao abeiro do

Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Esta obra foi adxudicada pola xunta de

goberno local o pasado 18 de maio e só está pendente do seu inicio.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, o goberno local tamén conseguiu unha achega de 28.088 euros do Fondo de

Compensación Ambiental (FCA) da Xunta de Galicia que se orientará a un programa de

eficiencia enerxética para renovar por tecnoloxía led as luminarias do alumeado público nos lugares das Antas, Castugares, Barregallos, Mariñaos, Bagarelas e Espasante. O obxectivo é que, con esta mellora, estas aldeas gañen en luminosidade nos seus espazos públicos ao tempo que se reduce a contaminación pola diminución das emisións de dióxido de carbono e se rebaixa a factura eléctrica municipal.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page