Estas catro creacións lucirán na postal coa que este ano o ente local felicita aos veciños
Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei convocou, un ano máis, o concurso de postais nadal, dirixido ao alumnado do CEIP de Palas de Rei. O xurado do Concurso de Postais do Concello de Palas de Rei, Nadal 2022 estableceu como postais gañadoras:
Categoría Infantil: Enzo Pacín Penas.
Categoría 1º e 2º de Primaria: Alejandra Gómez Mendez (1º de primaria).
Categoría 3º e 4º de primaria: Simón Vázquez García (3º de primaria).
Categoría 5º e 6º de primaria: Manuel Armas Pereiro (6º de primaria)
As postais gañadoras serán utilizadas polo Concello para felicitar as Festas deste Nadal. O ente local agradece a participación do alumnado do centro educativo.
Comments