top of page

Jaime Villamor presenta «50 ferrados de Javi» na nova Biblioteca Municipal de Palas de Rei

hace 1 hora
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O escritor Jaime Villamor presenta o venres 27 de novembro, ás 18:30, o seu libro de relatos 50 ferrados de Javi na Biblioteca Municipal de Palas de Rei, inaugurada o pasado 2 de novembro. Será unha das primeiras presentacións literarias no novo espazo.

 PUBLICIDADE

Villamor (A Coruña, 1974) é fillo de pais nados en Palas de Rei, e o acto ten para el un significado especial: volver coa súa escrita á terra da súa familia. Profesor durante toda a súa vida, colabora con ensaios en Jot Down Cultural Magazine, entre outras publicacións, e en febreiro de 2027 publicará un texto na Revista de la Universidad de México.


50 ferrados de Javi reúne dezasete relatos que nacen da observación da xente dun bar e que xiran arredor de Javi, o seu barista. No acto participará Óscar, director da biblioteca, que lerá un dos relatos do libro. Ademais, adiantarase a lectura dun fragmento dunha novela inédita do autor sobre o Camiño de Santiago, do capítulo dedicado a Palas de Rei.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O acto é aberto ao público.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page