Laura Moure/O Pino
O vindeiro venres 31 de maio o Concello de O Pino celebrará a clausura das Escolas deportivas municipais correspondentes ao curso 2023-2024, nas que participaron máis de 200 escolares. O evento desenvolverase no pavillón polideportivo de Reboredo a partir das 17:00 horas. A xornada contará cun variado programa de actuacións deportivas, que inclúe demostracións de fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe e bádminton, en diferentes niveis.
Publicidade
O acto finalizará coa clausura oficial e coa entrega de medallas aos participantes, recoñecendo así o esforzo e a dedicación mostrados ao longo de todo o curso. Este evento constitúe un punto de encontro para valorar o traballo realizado polos deportistas, os monitores e os adestradores, así como para agradecer o apoio das familias que acompañaron e animaron aos participantes durante todo o ano.
Publicidade
O programa de actuacións é o que segue:
Fútbol sala nivel I
Ximnasia rítmica: Mary Poppins.
Mix de baile moderno I.
Patinaxe nivel I: El Rey León.
Fútbol sala nivel II.
Patinaxe nivel II: Moteros y surferos.
Bádminton
Mix de baile moderno II
Patinaxe nivel III: Shake it off.
Patinaxe nivel IV individual: Titanium.
Patinaxe nivel V: I gotta feeling.
Patinaxe nivel IV: I am good.
Clausura e entrega de medallas
Comments