top of page

O Concello de Melide repartirá un total de 1.750 euros en premios no seu Concurso de Escaparates

Os establecementos que queiran participar teñen que anotarse con data límite 4 de decembro


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates, un certame consolidado que convida aos establecementos comerciais do municipio a colaborar coa decoración de Nadal enfeitando os seus propios escaparates con motivos alusivos a estas festas. Con este obxectivo, o Concello xa se dirixiu ao conxunto de comercios e de hostalería a través dunha misiva onde o alcalde, José Manuel Pérez Penas, anima á participación e onde se lle achega a cada comercio as bases do concurso.

O escaparate da Peluquería Carlos Gómez foi gañador do ano pasado.
O escaparate da Peluquería Carlos Gómez foi gañador do ano pasado.

As mencionadas bases sinalan que poderán participar todos os establecementos comerciais ou hostaleiros situados en Melide, con independencia do produto que oferte. A

decoración deberá gardar relación con motivos natalicios, e valorarase a súa

orixinalidade, estética, creatividade e montaxe. Ademais, cando haxa algún texto na

decoración, este deberá estar escrito en lingua galega.


Os escaparates deberán permanecer decorados polo menos entre os días 6 de decembro

de 2025 e 7 de xaneiro de 2026. O concurso repartirá tres premios. O primeiro terá un

valor de 1.000€. O segundo, de 500 €. Por último, o valor do terceiro premio será de 250€. Para participar, os establecementos interesados poderán enviar un correo electrónico a

comercio@concellodemelide.gal con data límite 4 de decembro de 2025.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Haberá un xurado designado dende a Concellería de Comercio que valorará os

establecementos a concurso e fará pública a súa decisión nun acto que terá lugar o

martes 9 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello, dando comezo ás 12 da mañá.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page