top of page

O Concello de Melide repartirá outros 100 composteiros domésticos de forma gratuíta

Os interesados poden solicitalo dende hoxe ata o 21 de novembro


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide a través da Concellería de Medio Ambiente lanza unha segunda campaña de compostaxe doméstica, co obxectivo de impulsar a compostaxe domiciliaria en orixe, aproveitando os beneficios que aporta esta técnica, nun claro intento de contribuír a unha maior reciclaxe.

ree

Nesta segunda fase repartiranse 100 composteiros, que xunto ao reparto feito no ano 2022, suma un total de 200 composteiros domésticos repartidos polo Concello de Melide.

Con esta nova campaña tamén se repartirán entre os grandes produtores do sector da

hostalaría 10.000 bolsas biodegradables para facilitar a recollida e aumentar o proceso da

compostaxe.


Para facilitar o reparto dos composteiros domésticos, ábrese un prazo de solicitudes do 5 ao 21 de novembro. Pódese solicitar no telefóno do concello, 981505003, de forma presencial, ou a través do enderezo electrónico comercio@concellodemelide.gal


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Xosé Igrexas, concelleiro de Medio Ambiente destaca que : “Estas iniciativas son fundamentais para xestionar de maneira máis eficiente os nosos residuos contribuíndo ,

neste caso, a elaboración de abono natural. Reciclando gañamos todos e todas, polo que dende o concello de Melide seguiremos apostando por esta e outras iniciativas, como por

exemplo, a recollida de cartón porta a porta nos comercios do noso pobo”


Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page