top of page

O Concello de Melide repartirá doces nos autobuses da Axencia de doazón de sangue para promocionar a Festa do Melindre

Esta celebrarase os próximos días 11 e 12 de maio


Laura Moure/Melide

Un ano máis o Concello de Melide pon en marcha a colaboración con ADOS -a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue- para promocionar a Festa do Melindre e a repostaría tradicional, que terá lugar en Melide os próximos días 11 e 12 de maio.

Con esta acción, que dará comezo na Coruña e continuará os próximos días en Lugo e Santiago, ademais de Melide, repartiranse os doces de típicos da vila nos buses da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue a todas as persoas que se acheguen a doar sangue. O calendario de lugares e datas onde se poderá doar e levar un paquetiño con ricos de Melide é:

  • 𝗔 𝗖𝗢𝗥𝗨Ñ𝗔 (𝗖𝗮𝗻𝘁𝗼́𝗻 𝗚𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲). Venres 3 de maio: de 15:30 a 21 h

  • 𝗟𝗨𝗚𝗢 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿) Mércores 8 de maio: 9:30 a 14:30 h

  • 𝗦𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔𝗚𝗢 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗥𝗼𝘅𝗮). Mércores 8 de maio: 15:30 a 21 h

  • 𝗠𝗘𝗟𝗜𝗗𝗘 (𝗣𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗥𝗼𝘀𝗮𝗹𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼, fronte ao centro multiusos e biblioteca municipal). Venres 10 de maio: 10:15 a 14 h e 16:15 a 21 h


𝗘𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶́𝘀𝗮𝗻𝘀𝗲 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗮𝗻𝗼 𝟭𝟮𝟱.𝟬𝟬𝟬 𝗱𝗼𝗮𝘇𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗮𝗻𝗴𝘂𝗲. Para ser doante, precísanse 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗿 𝗲𝘀𝘁𝗲𝘀 𝗿𝗲𝗾𝘂𝗶𝘀𝗶𝘁𝗼𝘀

  • Ser maior de 18 e menor de 65 anos.

  • Pesar máis de 50 Kg.

  • Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses.

  • Non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a padecesen nos últimos seis meses.

  • Non ter padecido enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos nos últimos quince días.

  • Informarse sobre o sida e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco.

  • Non residir nos últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.


Publicidade

Calquera dúbida sobre requisitos, enfermidades ou medicamentos débese consultar co médico que atende aos doantes. Dúbidas: 900 100 828 (gratuíto). Esta acción non será a única que realizará o Concello de Melide, pois en breve comezará tamén a promoción dos produtos e do evento en varios restaurantes da provincia con chefs embaixadores da festa, e da que se informará polo miúdo nos próximos días.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page