top of page

O Concello de Melide presenta a programación cultural e social do mes de maio

As Letras Galegas protagonizan boa parte das actividades previstas durante as próximas semanas


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de presentar a programación cultural e social prevista para o mes de maio, cun calendario que incluirá actividades arredor das Letras Galegas, xunto con propostas educativas, culturais e solidarias dirixidas a diferentes públicos.


Dentro da programación das Letras Galegas, o calendario abrirase o luns 11 de maio coa

representación de ‘Begoña Caamaño, o transgredir das ondas’, de Berrobambán, unha

función escolar destinada ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato no Centro Sociocultural Mingos de Pita.


Entre o 12 e o 31 de maio poderá visitarse igualmente a exposición ‘Circe ou o pracer do

azul’, organizada con motivo das Letras Galegas e instalada na entrada da Casa do

Concello en horario de 9:00 a 15:00 horas.

As actividades continuarán o xoves 14 de maio co concerto ‘Cantaxoga’, de Migallas

Teatro, tamén incluído na programación das Letras Galegas e dirixido ao alumnado de

infantil e dos primeiros cursos de primaria, no Centro sociocultural Mingos de Pita.


O venres 15 de maio desenvolveranse varias actividades vinculadas a esta celebración,

entre elas un programa especial en Radio Melide (11:00 horas) e, xa pola tarde, a proxección de ‘Lavadorio’ de Ana Amaro no Museo da Terra de Melide, acompañada dun

coloquio arredor da curtametraxe coincidindo co Día Internacional dos Sitios e Monumentos e co Día Internacional dos Museos. Conta coa colaboración da Deputación

da Coruña.


O acto central das Letras Galegas chegará o domingo 17 de maio coa celebración de ‘O

Melide das Letras’, un acto institucional no que se descubrirán placas conmemorativas

dedicadas a escritores e escritoras de Melide. O evento terá lugar ás 12:00 horas na rúa

do Convento.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A programación das Letras Galegas continuará o 21 de maio coa función escolar ‘Chaves

invisibles’, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, no Centro Socultural Mingos de

Pita.


O venres 22 de maio tamén incluirá varias actividades dentro desta programación especial. A Biblioteca Xosé Vázquez Pintor acollerá pola tarde, 17:30 horas, ‘As mil e

unha’, un espectáculo de narración oral e música de Vero Rilo e Luis Iglesias pensado

para público familiar. Xa pola noite, ás 20:00 horas, Soqui Cea ofrecerá no Edificio

Multiusos a charla ‘Os nomes galegos en Melide’.


Gala solidaria a favor de Agaela

Fóra da programación das Letras Galegas, unha das citas destacadas do mes chegará o próximo 24 de maio coa Gala Musical Solidaria a favor da Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica, que converterá o Centro Sociocultural

Mingos de Pita nun punto de encontro da música tradicional e da solidariedade.


A iniciativa está promovida polas veciñas de Melide Dolores Rodríguez Pazo, Soqui Cea,

Vanessa Martínez e Ana Mosteiro, coa colaboración do Concello e o apoio de distintos

establecementos comerciais e de hostalaría da vila.


A gala contará coa actuación altruísta das formacións melidenses Froito Novo, Pozo

Pequeno, Herba Grileira, Os da Taberna e Nós ó Noso, ademais do grupo Gaiteiros do

Balado, de Toques.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os tiques para asistir ao evento poden adquirirse en diferentes establecementos colaboradores, mentres que varias empresas tamén achegarán produtos para os sorteos

previstos durante a gala co obxectivo de incrementar a recadación destinada á entidade.


Corremelide

O mes pecharase o 29 de maio coa celebración do Corremelide, dende as 9:30 horas, e

coa clausura das escolas culturais e deportivas municipais, que terá lugar no Centro

Sociocultural Mingos de Pita (17:00 horas) e no pavillón municipal de deportes, ás 19:00

horas.


Ademais, o Concello abrirá do 11 ao 15 de maio o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán 2026.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page