top of page

O Concello de Melide instala caldeiras de biomasa nunha quincena de centros sociais parroquiais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As actuacións supoñen unha inversión de 47.900 euros


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de rematar de instalar caldeiras de biomasa nos centros sociais parroquiais para favorecer a realización de actividades no seu interior durante o outono e inverno.


Santaia de Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, A Garea, Golán, Maceda, Moldes, Orois, Piñor, San Martiño das Varelas, Xubial, San Salvador e o Meire son os centros sociais que contan con este novo servizo.


As actuacións subvencionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemente Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, supoñen un investimento total de 47.900 euros.

Unha das caldeiras colocadas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page