top of page

O Concello de Melide inicia as Escolas Deportivas e Culturais con máis de 900 persoas inscritas

6 oct
1 min de lectura

O Concello volve abrir o prazo de inscrición para cubrir as prazas que aínda quedan dispoñibles


Laura Moure/Melide

As Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide comezaron onte o curso 2026/2027 con máis de 900 persoas inscritas, o que supón que máis dun 11% da poboación participa nalgunha das actividades ofertadas.

A elevada participación dá continuidade á boa acollida acadada nas últimas edicións e reforza o papel das escolas municipais como espazo para fomentar a práctica deportiva, os hábitos saudables, a aprendizaxe e a creatividade entre persoas de diferentes idades.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A programación deste curso conta con 25 disciplinas deportivas e culturais, entre elas atletismo, baloncesto, bádminton, patinaxe, voleibol, zumba, pilates, ballet creativo e danza moderna, pintura, costura ou cociña, ademais doutras propostas para diferentes idades. As actividades distribúense en distintos grupos e horarios, con máis de 120 horas semanais de actividade, desenvólvense en 12 espazos diferentes e contan con 15 monitores e monitoras.


Coincidindo co inicio do curso, o Concello volve abrir o prazo de inscrición para cubrir as prazas que aínda quedan dispoñibles. No caso das actividades dirixidas aos máis pequenos, hai algunha praza en ballet creativo e danza moderna, pintura, baloncesto, bádminton, defensa persoal, patinaxe e voleibol.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude preferentemente a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro do Concello de Melide. Neste segundo prazo, a admisión realizarase por orde de entrada das solicitudes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page