top of page

O Concello de Melide impulsa unha nova campaña de concienciación e información sobre a reciclaxe

A administración local distribuirá un folleto informativo sobre os distintos tipos de colectores, os servizos de recollida porta a porta e a compostaxe doméstica


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de poñer en marcha unha nova campaña de concienciación e información sobre reciclaxe co obxectivo de mellorar a separación de residuos e reducir o depósito de materiais incorrectos nos colectores. A iniciativa desenvolvese mediante o envío dun folleto informativo aos domicilios da vila baixo o lema ‘Concello de Melide, limpo. Patrimonio de todos e todas’.

O folleto explica os distintos tipos de colectores existentes e os residuos que deben depositarse en cada un deles. Ademais, o Concello avanza que proximamente chegará ás

rúas da vila o colector marrón, destinado ao depósito de materia orgánica. Nel poderán

botarse restos de alimentos, pousos de café e infusións, plantas ou panos e papel de

cociña sen tinturas.


A campaña tamén lembra os servizos porta a porta que se ofrecen no Concello. Entre

eles figura o destinado á retirada de papel e cartón dirixido a comercios e establecementos hostaleiros. Para participar, as persoas interesadas só teñen que

chamar ao número 981 50 50 03.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Do mesmo xeito, o Concello presta un servizo de retirada de enseres voluminosos, facilitando desfacerse de mobles ou electrodomésticos de gran tamaño, entre outros, sen

custo para a veciñanza. Desde o Goberno local lembran a importancia de non abandonar

este tipo de residuos na vía pública sen aviso previo.


Outro dos servizos é o destinado ao plástico agrícola, que se desenvolve durante as campañas de primavera e outono.


Punto Limpo

O folleto tamén informa sobre o funcionamento do Punto Limpo, situado no polígono industrial de Melide, onde poden depositarse materiais como plásticos, porexpán, papel e

cartón, vidro, madeiras ou restos metálicos, entre outros. As instalacións permanecen

abertas os luns, mércores e sábados de 10:00 a 14:00 horas e os martes e venres de

16:00 a 20:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A iniciativa municipal lembra ademais a existencia de colectores específicos para o depósito de aceite doméstico usado e roupa, situados en diferentes puntos do concello.

Outro dos apartados céntrase na compostaxe doméstica baixo a mensaxe ‘Compóstate ben’. O Concello destaca os beneficios ambientais, sociais e económicos de reciclar

materia orgánica mediante compostaxe doméstica. Entre os residuos que poden

depositarse no composteiro figuran froitas e verduras, peixe e carne, pan, legumes,

cereais, froitos secos, pousos de café, infusións, papel e panos de cociña sen tinturas,

céspede, herba recentemente cortada ou restos de colleitas.


A campaña conclúe cun chamamento á cidadanía para seguir avanzando no coidado do

medio ambiente mediante pequenos xestos cotiáns baixo a mensaxe: ‘Aforra e coida o

medio ambiente. Dálle nova vida ao lixo’.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page