Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Melide destina 15.000 euros a axudas a prol da natalidade

Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide outorgará axudas a prol da natalidade co obxectivo de favorecer o asentamento da poboación. O importe total de axudas será de 15.000 euros, dos que poderán beneficiarse os pais e nais que estean empadroados en Melide e que teñan ou adopten un fillo no período comprendido entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro do 2021.


Entre outros requisitos, un dos pais ten que estar empadronado, polo menos, seis meses antes do nacemento ou adopción e tanto o solicitante da axuda como o fillo ou filla deberá

comprometerse a seguir empadroado no Concello por un período de catro anos.


A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira explica que “as axudas son unha medida máis para evitar o despoboamento, ademais de constituír unha axuda de 300 euros para cada neno ou nena melidense que cumpra todos os requisitos recollidos nas bases".


38 visualizaciones0 comentarios