top of page

O Concello de Melide aproba un novo Plan de Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Estrutúrase sobre seis eixos e máis de 80 medidas concretas


Ecos da Comarca/Melide

O pleno municipal do Concello de Melide aprobou no pleno do pasado xoves un novo Plan de Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero que substitúe o ata o de hoxe vixente. Este documento explora toda unha serie de iniciativas e planificacións que procuran paliar e resolver situacións de desigualdade entre homes e mulleres no

municipio, e faino coa vontade firme de integrar de xeito transversal o principio de

igualdade en todas as accións municipais.


O Plan aprobado constitúe un documento de planificación a través da cal poderá promoverse a igualdade no concello. Artéllase sobre seis eixos: a transversalidade de

xénero nas accións municipais; a educación en igualdade para toda a cidadanía; a participación social e o apoderamento individual e colectivo; a calidade de vida e a saúde integral; o emprego, a conciliación e a corresponsabilidade, e, por último, a abordaxe

integral da violencia de xénero.

A amplitude de liñas de traballo evidencian a ambición e a exhaustividade con que se leva

a cabo a elaboración dun documento acorde ás necesidades de Melide para os vindeiros anos.


Principios reitores

O novo plan municipal estrutúrase sobre unha serie de principios reitores que lle outorgan coherencia e un propósito claro. Por unha banda, o de sensibilización e participación da

poboación. O plan procura promover o compromiso da cidadanía e recoller a súa opinión, tamén para atender as necesidades non detectadas doutra maneira.


Pola outra, o plan contempla o respecto á diversidade, atendendo ás necesidades e particularidades de cada colectivo dentro de Melide.


Un terceiro principio reitor é o da integración da perspectiva de xénero en todas as liñas de traballo municipal, de forma que estea presente á hora de planificar, executar e avaliar

calquera política pública do Concello.


O cuarto principio é o da coordinación institucional. O plan prevé o intercambio de información, coñecementos e procedementos de traballo entre os distintos niveis administrativos co obxectivo de optimizar todas as accións municipais.


Un plan froito do diálogo

Na elaboración deste V Plan de Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero levouse a cabo un procedemento participativo para recoller as opinións e puntos de vista dos sectores que traballan día a día a prol da igualdade. Así, realizáronse unha serie de

xuntanzas co persoal técnico do Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de

Igualdade, pero tamén con entidades, asociacións e veciñanza, quen achegaron propostas de medidas en materia de igualdade. Con posterioridade, e a partir destas

xuntanzas, redactouse un primeiro borrador do plan que foi avaliado polo CIM e o departamento de Igualdade antes de proceder á redacción final.


Eixos de traballo

O documento final estrutúrase sobre varios eixos de intervención que comprenden obxectivos xerais, específicos e medidas concretas. Os eixos de intervención fan referencia aos ámbitos de traballo prioritario nos vindeiros catro anos. Cada eixo conta cun obxectivo xeral, que se fai posible a través de varios obxectivos concretos. As

medidas son as propostas concretas de actuación. O primeiro eixo, a transversalidade de xénero nas accións municipais, contempla catorce medidas integradas nos obxectivos de aplicar a perspectiva de xénero nas políticas municipais e promover unha comunicación institucional plenamente igualitaria e inclusiva.


O segundo eixo, a educación en igualdade para toda a cidadanía, articúlase sobre os obxectivos da promoción da coeducación e modelos de igualdade para a rapazada e as

familias, así como favorecer valores e actitudes inclusivas a respecto da orientación sexual e as identidades de xénero, ademais de impulsar valores en igualdade para toda a cidadanía. Conta cun total de once medidas.


O terceiro eixo, con catorce medidas, refírese á participación social e apoderamento individual e colectivo. Os seus obxectivos son potenciar o apoderamento individual e

colectivo da muller e favorecer a participación social,


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O cuarto eixo refírese á calidade de vida e saúde integral, cun total de trece medidas. Os

obxectivos pasan polo desenvolvemento de actividades de promoción de hábitos saudables e autocoidado, as actividades de mellora da saúde física e mental para un

envellecemento activo e saudable, e o fomento da práctica deportiva e actividades de lecer e tempo libre.


O quinto eixo está ligado ao emprego, conciliación e corresponsabilidade, cun total de

doce medidas. Prevé como obxectivos o fomento da corresponsabilidade e a conciliación,

potenciar a incorporación da muller ao mercado laboral, e promover a responsabilidade

social entre o empresariado.


O último eixo trata sobre a abordaxe integral da violencia de xénero, e contempla dezasete medidas. Os seus obxectivos son sensibilizar á sociedade sobre as distintas

formas de violencia contra a muller, reforzar a coordinación entre institucións e con outros

axentes sociais e consolidar a oferta de recursos de atención ás vítimas.


En total, son 81 as medidas concretas recollidas no Plan.


A concelleira de Política Social e Igualdade, Carmen Liñeira, valora moi positivamente a

aprobación deste novo plan, que posibilita unha folla de ruta medida e avaliable, con

obxectivos concretos, cara a un Melide máis igualitario.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page