O Concello de Melide aproba o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais
No documento a veciñanza pode consultar se a súa parcela se atopa nunha franxa de 50 metros de distancia con vivendas
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide publicou este martes a aprobación definitiva do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. O documento queda ao dispor de toda a veciñanza tanto na Casa do Concello como no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica municipal.

O Plan especifica cales son as fincas do termo municipal afectadas polas franxas secundarias. O Concello lembra, neste sentido, ás persoas propietarias das parcelas situadas a menos de 50 metros de vivendas que teñen a obriga de mantelas limpas de maleza, piñeiros, eucaliptos e acacias, a fin de reducir o risco de incendio nas proximidades de áreas habitadas.
O Plan foi inicialmente aprobado en Xunta de Goberno local o 19 de agosto deste ano, despois de ser avalado por parte da Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte. Despois dun período de exposición pública entra finalmente en vigor.
O goberno local de Melide amosa a súa satisfacción por un documento que axudará nos labores para prever e combater os lumes forestais.







Comentarios