O Concello de Melide achega á veciñanza información e recomendacións sobre a eclipse de sol
- Laura Moure

- 17 jun
- 2 min de lectura
O venres 26 de xuño celebraranse unha charla e un obradoiro impartidos por X. Dosi Veiga e enviarase aos domicilios un folleto con información e consellos de seguridade para a observación do fenómeno
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide impulsa unha campaña divulgativa sobre a eclipse total de sol que poderá observarse o próximo 12 de agosto, co obxectivo de explicar as características deste fenómeno e trasladar á cidadanía as recomendacións necesarias para a súa observación segura.

Entre estas iniciativas figura a celebración, o venres 26 de xuño, dunha charla e dun obradoiro centrados neste acontecemento astronómico. A charla terá lugar ás 18:30 horas
na sala de conferencias da primeira planta do Multiusos, mentres que o obradoiro se desenvolverá na sala do Viveiro de Empresas, ás 19:30 horas (á entrada do edificio).
O obradoiro contará con 20 prazas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico comercio@concellodemelide.gal ou nas
oficinas do Concello de Melide.
PUBLICIDADE
Durante o obradoiro abordaranse cuestións relacionadas cos consellos de seguridade e
alerta para evitar danos na vista, a elaboración de materiais caseiros de observación
segura e as condicións de seguridade e o uso dos anteollos específicos para observar a
eclipse. A charla e o obradoiro serán impartidos por X. Dosi Veiga, licenciado en Física,
responsable de AstroGalicia e do proxecto Ceos Galegos e coautor, xunto a Jorge Mira, do documento do Consello da Cultura Galega ‘Esperando a eclipse total de sol.
Recomendacións para as administracións públicas e a cidadanía’.
Durante a súa intervención, Dosi Veiga falará sobre a eclipse total de sol do 12 de agosto, un fenómeno excepcional que poderá observarse desde Melide, explicará que ten de
especial, o que se poderá ver durante o evento e como gozalo con seguridade.
PUBLICIDADE
Ademais, o Concello de Melide remitirá aos domicilios un folleto informativo para explicar
este fenómeno astronómico e trasladar á cidadanía consellos de seguridade e alertas
para evitar danos na vista durante a súa observación.








Comentarios