top of page

O Concello de Lalín pon en marcha dende a Oficina Agraria unha nova campaña de repoboación forestal

As persoas interesadas poderán adquirir os lotes de árbores aboando o importe na entidade correspondente ata o 15 de febreiro


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe César Reboredo, pon en marcha desde a Oficina Agraria, unha nova campaña de repoboación forestal 2022 50.000 árbores + para continuar promovendo o coidado dos nosos bosques e do medio ambiente.

O edil delegado informa que “as persoas interesadas en participar nesta xa 24 edición desta campaña poderán conseguir os lotes de árbores aboando o seu importe na entidade ABANCA ata o 15 de febreiro e deberán presentar o correspondente xustificante de pago para recoller as árbores adquiridas o día 18 de febreiro ás 12:00 horas na entrada do Lalín Arena”. O lotes que se poderán adquirir son:

  • Lote nº 1: 2 castiñeiros enxertados: 25 euros.

  • Lote nº 2: 5 nogueiras e 2 abeleiras: 20 euros.

  • Lote nº 3: 2 maceiras enxertadas, 1 pereira enxertada, 1 amexeira enxertada e 1 cerdeira enxertada: 20 euros.

  • Lote nº 4: plantas ornamentais: 1 acivro, 1 rosal, 2 camelias xapónicas e 1 azalea xapónica: 25 euros.

A plantación destas árbores debe facerse no municipio de Lalín, sendo esta responsabilidade do comprador do lote. Reboredo recorda que o pasado ano se distribuíron á veciñanza 956 árbores ao abeiro desta campaña que supuxo un incremento respecto ao do ano 2020 (594 árbores). Lembra a influencia positiva que ten a plantación de árbores na loita contra o cambio climático e no coidado do noso medio polo que anima á veciñanza á participación nesta iniciativa municipal. 50.000 árbores + é unha campaña de repoboación forestal deste Concello que foi iniciada en 1994 e que se desenvolveu desde esa data todos os anos agás os do mandato anterior.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page