top of page

O Concello de Dozón celebrará a Xuntanza das Persoas Maiores o venres 19 na Pena de Francia

Poderán asistir gratuitamente as veciñas e os veciños empadroados e maiores de 60

anos de idade, previa retirada da invitación nas dependencias municipais


Laura Moure/Dozón

O Concello de Dozón abriu esta semana o prazo de retirada de invitacións para participar nunha nova edición da Xuntanza das Persoas Maiores, que se celebrará o vindeiro venres 19 de agosto na recentemente recuperada contorna da Pena de Francia.

Neste lugar leváronse a cabo traballos de recuperación nos últimos meses.

Este evento está orientado ás veciñas e veciños empadroados que sexan maiores de 60 anos de idade e para asistir gratis ao xantar previsto só terán que retirar previamente a súa invitación nas dependencias municipais, coa data límite do mércores 17 de agosto.

As actividades programadas comezarán ás 130:0 horas coa celebración dunha misa

no santuario da Pena de Francia, seguida do xantar e da entrega de premios ao veciño

e á veciña de máis idade entre todos/as os/as participantes. A continuación está

prevista unha verbena coa actuación musical de Antonio Barros.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page