O Concello de Cruces rendiralle unha homenaxe a catro funcionarios que se xubilaron dende o 2019
Son Margarita Martínez Ruiz, Fernando Barcala Vilela, José Ramón Rodríguez Louzao e Luís Gómez Pérez
Laura Moure/Vila de Cruces
Este xoves, 23 de decembro, ás 13:00 horas o salón de plenos do Concello de Vila de Cruces será o escenario dun acto de recoñecemento ao traballo dos catro funcionarios que se xubilaron desde o ano 2019, algúns con máis de 40 anos de dedicación profesional. O goberno local decidiu que é un deber o recoñecer o traballo realizado durante anos por Margarita Martínez Ruiz, Fernando Barcala Vilela, José Ramón Rodríguez Louzao e Luís Gómez Pérez.
“É toda unha vida ao servizo do Concello, da vila e das necesidades dos cidadáns, cada un nos vosos servizos. Para nós é importante agora que finalizastes a vosa etapa laboral, ter un instante para agradecervos o traballo realizado. O servizo público é enormemente valioso", sinala o Concello. "En 40 anos de concellos democráticos a vila transformouse notablemente e, todo iso, ten moito que ver coa actividade que vós desempeñastes. Agora correspóndenos recoñecelo e agradecelo en nome dos cidadáns e da Corporación Municipal. Que esta nova etapa sexa moi feliz”, sinala o alcalde, Luis Taboada.








Comentarios