O Concello de Cruces e o Motoclube Teixos Off Road organizan a “II Ruta Motos e Quads” para o 26 de abril
- Laura Moure
- 10 abr
- 1 Min. de lectura
A inscrición estará aberta ata o 21 deste mes
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces e o Motoclube Teixos Off Road organizan a “II Ruta Motos e Quads”. Este proxecto deportivo iniciouse o ano pasado baixo o nome de “O Galo Trotamontes”, vinculado ao Galo de Curral e á súa festa. Dado o seu éxito, este ano celebrarase a segunda edición da man do Motoclube Teixos Off Road.

A actividade celebrarase o sábado 26 de abril, cunha ruta de mañá con saída ás 9:00 horas da Praza do Concello para finalizar no mesmo punto a partir das 14:00 horas. Previamente, haberá un punto de encontro para participantes e a organización no Pavillón Municipal, ás 8:00 horas.
Publicidade
A ruta será de 50 quilómetros por diferentes puntos do municipio, con avituallamento na metade do percorrido. Poderán participar un máximo de 150 persoas. A inscrición, cun prezo de 35 euros, estará aberta ata o 21 de abril nas redes sociais do Motoclube Teixos Off Road (Facebook: Motoclub Teixos Off Road; e Instagram: motoclub_teixos_off_road) ou no correo electrónico motoclubteixosoffroad@gmail.com
Ao finalizar, haberá uns petiscos na Praza do Concello para todos os participantes, con música de Dj Alberto Ares.
Comments