top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Boimorto publica a convocatoria de axudas municipais para o transporte escolar

A subvención acadará un máximo de 250 euros por alumno e ano académico


Laura Moure/Boimorto

O Concello de Boimorto publica a convocatoria de axudas municipais para o transporte escolar. Poderán solicitar esta subvención, as persoas físicas: pai, nai ou titor dun ou varios nenos/as (non a poderán tramitar os propios nenos/as)


Para iso deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Boimorto durante a totalidade do curso lectivo.

  • Cursar estudos de Bacharelato ou Formación profesional, para os que sexa necesario desprazarse fóra do Concello de Boimorto durante a totalidade do curso lectivo.

  • Estar ó día no pago das obrigas tributarias co Concello de Boimorto.

  • Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Boimorto no exercicio anterior, ou ter desistido de forma motivada e por escrito.

  • Así como cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións. Non se admitirán a trámite as solicitudes que non cumpran estes requisitos.

Publicidade

A subvención acadará un máximo de 250 euros por alumno e ano académico.


Documentación

Os interesados deberan aportar a seguinte documentación:

  • Solicitude normalizada (anexo I).

  • Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor.

  • Fotocopia do resgardo da matrícula do curso 2021/2022.

  • Acreditación de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social (anexo II).

  • Certificación da conta bancaria designada para o ingreso da axuda.

  • Certificación do colexio que asistiu a clase con normalidade.

Publicidade

Prazo de solicitude:

O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia. O prazo terá carácter improrrogable.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page