top of page

O Pino abre a piscina municipal de Lameiro o 20 de xuño e mantén os prezos da pasada tempada

As instalacións abrirán todos os días da semana, de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino inaugurará a tempada de verán o venres 20 de xuño coa apertura da piscina municipal de Lameiro, que abrirá todos os días da semana, de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas.

O acceso poderá facerse mediante entrada diaria ou a través de abonos de tempada dispoñibles na Casa do Concello, de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas. O

Concello mantén os mesmos prezos do ano pasado, tanto para entradas como para abonos e cursos de natación.


A entrada diaria terá un custo de 3,60 euros, mentres que os bonos individuais para persoas residentes oscilarán entre os 6 euros para menores de 16 anos e os 12 euros para

adultos. No caso de persoas non empadroadas, o prezo será o dobre: 12,02 € para menores de 16 anos e 24,04 € para adultos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As familias residentes tamén poderán beneficiarse dun abono familiar, cun prezo de 15,02€ por parella, ao que se suman 6,01 € por un fillo/a e 3 € polo segundo fillo/a. A partir do terceiro, o acceso será gratuíto. Ademais, aquelas persoas que residan accidentalmente no municipio durante o verán poderán acceder ás tarifas de residentes previa xustificación ante os servizos técnicos municipais. As persoas mozas que dispoñan do Carné Xove tamén contarán cun desconto do 25%.


Cursos de natación

A programación inclúe de novo os cursiños de natación, dirixidos a persoas de todas as

idades. A actividade realizarase de luns a xoves, de 12:30 a 13:15 horas, sendo requisito

indispensable contar cun abono de tempada para poder inscribirse.


Os prezos mantéñense con respecto a 2024: 3 euros ao mes para menores de 16 anos e

9,01 € para persoas adultas. A organización dos grupos farase en función da idade e nivel

dos/as participantes.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page