top of page

O Concello de Boimorto contratará a un técnico en animación sociocultural


Concello de Boimorto. Foto: Wikipedia


Laura Moure/Boimorto

O Concello de Boimorto contratará a un técnico en animación sociocultural, tal e como se publicou hoxe no boletín oficial da provincia da Coruña. Será de xornada completa e o salario bruto, paga extra aparte, é de1.068 euros mensuais.


Serán 37,5 horas semanais cos descansos establecidos por lei de ser o contrato a xornada completa ou a parte proporcional que se estableza en cada caso. As vacacións e o horario adaptaranse ás necesidades do servizo.

Para ser admitido no procedemento que se regula nestas bases, os aspirantes deberán reunir, na data en que remate o prazo de presentación de instancias segundo a convocatoria do proceso, os seguintes requisitos:

  1. Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.

  2. Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea; tamén reunirán este requisito a ou o cónxuxe de española ou español ou de persoa nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores desa idade dependentes, e as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras e traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.

  3. Ter o título oficial de Técnico Superior en Animación Sociocultural.

  4. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo.

  5. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

  6. Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

  7. Estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (CELGA 4) ou equivalente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida na base 10.

A presentación da solicitude e todos os detalles poden consultarse no seguinte enlace:

https://sede.boimorto.es/opencms/export/sites/boimorto/recursos/downloads/Tablon/Bases-tecnico-animacion-sociocultural.pdf


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page