O Concello de Arzúa informa que o vindeiro luns, 6 de outubro, reabrirá a piscina climatizada municipal
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa informa que o vindeiro luns, 6 de outubro, reabrirá a piscina climatizada municipal.

PUBLICIDADE
"Somos conscientes de que este retraso puido ocasionar inconvenientes na planificación do día a día das persoas usuarias, e por iso agradecemos a paciencia e a comprensión da veciñanza", sinala o Concello.
PUBLICIDADE
"A prioridade foi en todo momento garantir que as instalacións estivesen en condicións óptimas e seguras. A partir do día 6 poderedes volver desfrutar da piscina con total tranquilidade. Agardamos que desfrutedes das instalacións renovadas", engade.









Comentarios