top of page

O Concello de Arzúa chama á precaución co uso de pirotecnia para evitar lumes forestais

Laura Moure/Arzúa

O alcalde do Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, fai un chamamento á veciñanza a extremar as precaucións para evitar incedios forestais “ante o previsíbel aumento das temperaturas estes días e tendo en conta que no Índice de risco diario de Incendio forestal (IRDI) da Xunta de Galiza temos o concello no índice alto, e nos casos das parroquias do este do Concello en risco moi alto”.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Así chamou a “extremar as precaucións especialmente no uso de pirotecnia na celebración das festas parroquiais estes días, lembrando que se o noso Concello entrase en risco extremo na catolagación do IRDI, o uso de pirotecnia queda automaticamente prohibido pola Xunta de Galiza”.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Do mesmo xeito, aproveitou a ocasión para lembrar “que o lanzamento de fogos de artificio ou artefactos pirotécnicos require de autorización previa do Concello, e nos terreos forestais e nas zonas de influencia forestal só poden ser realizados por persoal autorizado das empresas que figuren no rexistro sectorial desa actividade. Ademais, os fogos de artificio e artefactos pirotécnicos deben empregar materiais ignífugos ou ben ignifugados, tal e como sinala a lexislación vixente,” concluíu.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page