top of page

O Concello de Arzúa abre hoxe o prazo de inscrición para a XXIII Liga Local de Fútbol Sala

 Está dirixida a persoas e equipos afeccionados do municipio e da contorna


Laura Moure/Arzúa

Desde o Departamento de Deportes do Concello de Arzúa infórmase de que hoxe, xoves, 15 de xaneiro de 2026, ábrese o prazo de inscrición para participar na XXIII edición da Liga Local de Fútbol Sala Concello de Arzúa, unha competición xa consolidada no calendario deportivo municipal.

A liga está dirixida a persoas e equipos afeccionados do municipio e da contorna, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, a participación e os valores do deporte base nun ambiente de convivencia e xogo limpo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

As inscricións poderán realizarse de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:00 horas, na Oficina de Cultura e Deportes, situada na rúa Padre Pardo, 33 – 1º andar (Edificio María Mariño). Así mesmo, as persoas interesadas poderán obter información e formalizar a inscrición chamando aos teléfonos 981 500 222 ou 676 172 978, preguntando por Pachal.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 27 de xaneiro de 2026 ás 14:00 horas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Arzúa anímase á veciñanza a participar nesta nova edición dunha liga que, ano tras ano, contribúe a dinamizar a vida deportiva local e a promover hábitos de vida saudables a través do deporte colectivo. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Deportes do Concello de Arzúa dentro do prazo establecido.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page