top of page

O Concello de Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario municipal do ano 2024

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario municipal do ano 2024 de forma gratuíta. Coincidindo coa feira deste venres 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao mercado a partires das 11:30 horas na entrada do Multiusos Terra do Queixo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nesta mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do martes 26 as persoas interesadas tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do

Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal. Tamén haberá exemplares na Piscina Climatizada e nas librarías da vila: Anagrama, Díaz e Os Picariños.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os veciños e as veciñas das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, contactando co seu alcalde pedáneo.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano á programación cultural municipal. Así, ademais de consultar, por exemplo, os festivos ou as lúas, cada mes poderase ver unha fotografía das actividades culturais que o Departamento de Cultura organiza ao longo de todo o ano xunto con diversas citas ou reflexións sobre a importancia de preservar as nosas tradicións, manter viva a celebración das nosas festas e costumes máis arraigadas e da necesidade de participar nelas para tales fins.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, destacaba este xoves “a importancia de que algo tan últil durante todo o ano como é o calendario sirva tamén para involucrar a toda a veciñanza en toda actividade cultural que, ademais de definir a nosa identidade como pobo, supón un importante espazo de socialización”. García aproveitou a ocasión para “felicitar as festas a toda veciñanza e desexar un bo e feliz aninovo”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page