top of page

Mina Touro O Pino NON rexeita a inclusión da mina de Cobre San Rafael na lista de proxectos estratéxicos

hace 9 minutos
2 min de lectura

O colectivo lamenta que Galicia "sexa o branco do extractivismo salvaxe en lugar de

liderar a reciclaxe e a recuperación de minerais en canteiras abandonadas"


Ecos da Comarca/Touro

A Asociación ambiental e cultural Plataforma Mina Touro - O Pino NON manifesta a súa máis firme e absoluta oposición ante a decisión da Comisión Europea de incluír o proxecto de reapertura e expansión da mina de cobre de Touro-O Pino na súa segunda lista de “proxectos estratéxicos” baixo o Regulamento de Materias Primas Fundamentais. O colectivo considera "intolerable que as institucións europeas amparen un plan promovido por Cobre San Rafael —filial da multinacional Atalaia Mining— que ameaza de xeito directo a integridade ecolóxica do territorio limítrofe con Santiago de Compostela e ao que a poboación e numerosos colectivos se veñen opoñendo e presentando informes técnicos en contra nos últimos nove anos".

Dende a asociación lamentan "profundamente a deriva da Comisión Europea", criticando que dos 46 proxectos aprobados a nivel comunitario en 16 Estados membros, deles oito

céntranse na extracción, 11 na transformación e 19 no reciclado, 3 que combinan extracción e transformación, e 5 combinan transformación e reciclado". Para Touro, apunta, "óptase por darlle a categoría de PIE a un proxecto exclusivamente extractivo".


O colectivo que se nega a ter unha mina de veciña, sinala como "un feito grave que o proxecto de Touro-O Pino sexa seleccionado precisamente nesta categoría extractivista, convertendo esta zona nunha terra de sacrificio para beneficio de multinacionais estranxeiras". A asociación ambiental denuncia que “a prioridade de Europa debería ser radicalmente oposta".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"As directrices comunitarias tterían que centrarse na recuperación de minerais procedentes de canteiras abandonadas para asegurar a súa restauración, así como en impulsar decididamente a reciclaxe de minerais xa introducidos na economía” manifesta Jesús Castro, voceiro da plataforma.


O colectivo cualifica de "incomprensible e indignante" que a Comisión Europea sinale a Galicia "para abrir unha macroexplotación a ceo aberto, mentres non existe no territorio galego nin un só centro destas características destinado á reciclaxe e á economía circular de materias primas, que si sería sostible a longo prazo, no lugar de aceptar propostas coma o proxecto Cobre San Rafael, que acaparan terreos agrarios e forestais acudindo a procesos de expropiación forzosa, xeran inxentes cantidades de residuos tóxicos que quedarán a perpetuidade nestas terras, e eliminan inxentes cantidades de auga que abastecen á poboación actualmente".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Esta decisión demostra que se prefire a destrución do medio e as actividades contaminantes antes que investir en alternativas sostibles e de futuro coma a recuperación e a reciclaxe" afirma Jesús Castro. "En lugar de axudarnos a restaurar o noso pasado mineiro e a reciclar, bríndaselle unha alfombra vermella a Atalaia Mining para acelerar permisos que xa foron rexeitados social e ambientalmente".


Por todo isto, o colectivo avisa de que utilizará todas as vías legais e sociais "para frear esta expansión e esixe "un xiro total cara a un modelo que protexa a biodiversidade e o benestar da poboación local".


NOTICIA RELACIONADA:




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page