top of page

O Concello de Agolada organiza as festas patronais do San Pedro e San Pablo que son o 29 e o 30

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actuará a Banda de Música Municipal de Agolada, Bico da Balouta, a

Tuna de Veteranos da Coruña e a charanga Leña Verde


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada decidiu asumir este ano a organización das festas patronais do San Pedro e do San Pablo da localidade. Debido á pandemia, ningunha comisión se puxo ao fronte. “Entendemos que organizar algo con esta situación é complicado, pero desde o Concello somos conscientes de que a xente ten ganas de divertirse despois dun ano tan difícil, polo que decidimos organizar algo e intentamos facelo da mellor forma posible e por suposto, seguiranse todas as medidas anticovid”, incide a concelleira de Cultura, Concepción Carballal. O presuposto sitúase entre os 3.500 e os 4.000 euros.


O día 29 de xuño a misa solemne será ás 13:00 horas e na procesión actuará a Banda de Música Municipal de Agolada. Esta formación tamén ofrecerá un pasacalle e dará un concerto, sobre as 14:00 horas, na Praza do Concello, seguindo todas as medidas. Pola tarde, sobre ás oito horas, actuará polo casco urbano o grupo de música tradicional Bico da Balouta.

A Praza do Concello de Agolada.

Autor: Ecos da Comarca.


O día 30 de xuño, a misa solemne será tamén ás 13:00 horas. E durante a sesión vermú actuará tamén polo casco urbano a Tuna de Veteranos da Coruña. Xa pola tarde, sobre as

20:00 horas, a xornada estará amenizada pola Charanga Leña Verde.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page