top of page

O Concello de Agolada arranxa o vial do túnel do lugar de Eirexe, en Berredo

Avanza a adxudicación das obras, por máis dun millón de euros, destinadas a mellorar distintos camiños no rural


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada levou a cabo con fondos propios o arranxo do vial do túnel do lugar de Eirexe, na parroquia de Berredo. Esta era unha das grandes demandas dos veciños desta aldea. A estrada estaba intransitable, con enormes baches, provocando danos aos vehículos. Cabe mencionar que este túnel dá acceso a este lugar, onde

se atopa a igrexa da parroquia, dende a estrada secundaria paralela á PO-840

Os operarios do Concello, coa axuda do propio alcalde, Luis Calvo, comezaron a

actuación este xoves e remataron onte. Procederon a botarlle formigón ao firme. “Este arranxo era moi demandado polos veciños, que segundo como eles indican, levaban máis de 20 anos agardando”, recalca o mandatario.


Ao mesmo tempo, o rexedor avanza que se está acabando de adxudicar por algo máis dun millón de euros as obras para arranxar distintos camiños no rural. “É moi necesario mirar polo noso rural, mellorando os accesos ás vivendas e explotacións para intentar ofrecerlles o mellor servizo”, apunta Calvo. Nos vindeiros días darase máis detalles de todas estas actuacións.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page