O campo da feira da localidade acollerá do 8 ao 12 de marzo a ITV de vehículos agrícolas
Laura Moure/Agolada
O alcalde de Agolada, Luís Calvo, informa que desde o 1 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a bonificación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as construcións nas que se leven a cabo actividades agrarias, gandeiras e forestais como son casetas de rego, casetas de transformación, silos depósitos sólidos, instalacións gandeiras, invernadoiros, depósitos ou tanques de líquidos e balsas ou estanques. O prazo rematará o 31 de marzo.
Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación: o documento que identifique catastralmente o inmoble, o título ou dereito de propiedade do inmoble para o que se pide a bonificación, acreditación da representación no caso de persoas xurídicas, certificado ou informes acreditando que as actividades que se pretende bonificar constitúen a actividad principal do negocio; xustificante da licenza de actividade, xustificación da adscrición ao réxime especial da Seguridade Social, certificado da Axencia Tributaria no que conste a situación en activo do titular da explotación e o certificado de non existencia de débedas coa Seguridade social e coa Facenda autonómica e estatal.
ITV agrícola
Por outra banda, Agolada acollerá do 8 ao 12 de marzo no campo da feira a inspección de vehículos agrícolas. A unidade móbil estará en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás o día 12 que só estará en horario matinal.
Os interesados deberán solicitar cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou da páxina web www.sycitv.com
Estes días levouse a cabo tarefas de limpeza do consistorio agoladés.
Comments