top of page

O Concello abre hoxe, 17 de agosto, as inscricións para unha nova edición do programa Silleda Activa

A iniciativa, dirixida ás persoas maiores, inclúe ximnasia de mantemento, aerobic, pilates, musicoterapia e obradoiros de memoria e estimulación cognitiva


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abrirá hoxe, luns 17 de agosto o prazo de inscrición para unha nova edición de Silleda Activa, o programa municipal dirixido ás persoas maiores que ofrece distintas propostas destinadas a favorecer a actividade física, o benestar e a estimulación cognitiva.


A programación para o curso 2026-2027 mantén actividades xa consolidadas como a ximnasia de mantemento, o pilates, a musicoterapia, o aerobic e os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva, con sesións que se desenvolverán nos centros sociais de Silleda e A Bandeira.

Inicio das clases de musicoterapia en Silleda o ano pasado.
Inicio das clases de musicoterapia en Silleda o ano pasado.

A ximnasia de mantemento terá lugar no Centro Social de Silleda os martes e xoves, de 10:00 a 10:45 horas, cun prezo de 20 euros mensuais. As clases comezarán o 1 de setembro.


O aerobic contará novamente con grupos nas dúas vilas. En Silleda impartirase os mércores, de 11:30 a 12:30 horas, e os venres, de 9:00 a 10:00, no Centro Social, cunha cota de 20 euros ao mes e inicio o 2 de setembro. Na Bandeira, as sesións serán os luns, de 11:00 a 12:00 horas, e os venres, de 10:30 a 11:30, tamén por 20 euros mensuais, comezando o 4 de setembro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A oferta complétase co pilates, os venres de 10:15 a 11:00 horas no Centro Social de Silleda, por 20 euros ao mes e con inicio o 4 de setembro, e coa musicoterapia, que se desenvolverá os luns de 9:15 a 10:15 e os mércores de 10:15 a 11:15 horas. Neste caso, o prezo será de 22 euros mensuais e a actividade comezará o 2 de setembro.


Un ano máis, tamén se ofertará de xeito gratuíto a actividade de memoria e estimulación cognitiva, con dous grupos os martes no Centro Social de Silleda: o grupo A, de 11:00 a 12:00 horas, e o grupo B, de 12:00 a 13:00. As sesións comezarán o 1 de setembro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición a partir de hoxe incluído, acudindo ao departamento municipal de Benestar Social ou chamando ao teléfono 986 592 037.


A concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, anima ás persoas maiores do municipio a participar novamente nesta programación, “coa que queremos seguir ofrecendo alternativas que axuden a manterse activas, tanto física como mentalmente, e que ao mesmo tempo favorezan a convivencia e a socialización”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Silleda Activa é xa unha programación consolidada e moi ben acollida, coa que seguimos apostando por un envellecemento activo e por mellorar a calidade de vida das persoas maiores do noso municipio”, engade Troitiño.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page