top of page

“ O comercio local está pretiño de ti” é a nova campaña de Asetem para impulsar as compras

Dende o 27 de abril e ata o 4 de maio, todos os que merquen nos establecementos de proximidade participantes poden entrar no sorteo de 5 vales de 50 euros


Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide pon en marcha unha campaña para impulsar as compras nos estabelecementos de proximidade co lema Pretiño de ti. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa de actividades denominado Sete motivos para mercar no comercio local de Melide, cuxa finalidade é promocionar e difundir as grandes vantaxes dos comercios locais, así como premiar a fidelidade da clientela.

Esta campaña é a 2ª deste proxecto e leva emparellada a frase: O comercio local

está pretiño de ti, coa que se quere apelar á proximidade destes negocios, coa que se crea un vínculo de confianza que non se produce en grandes superficies ou marcas.


Dende o pasado domingo 27 de abril e ata o 4 de maio, todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade participantes poden entrar no sorteo de 5 vales de 50 euros. Nesta iniciativa participan todas as tendas asociadas a Asetem.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para participar neste sorteo, a clientela debe subir o seu tícket á APP da Asociación, cubrir o nome do negocio e a data da compra. Non hai importe mínimo para participar. Para subir os tíckets a clientela debe rexistrarse na Aplicación. A maiores haberá unha segunda vertente na que a xente poide votar polo lote dos comercios que máis lle guste a través das redes sociais da Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide (Facebook e Instagram). Entre todas as persoas que emitan o seu voto na publicación destas fotografías sortearase 1 vale de compra de 150 euros que deberá gastarse no comercio local cuxa imaxe obteña o maior número de gústasme nas redes. Para coñecer a tenda gañadora sumaranse os gústame; das dúas redes sociais. O período de votación será o mesmo que o da campaña, do 27 de abril ao 4 de maio.


O venres 9 de maio publicarase no perfil das redes sociais de Asetem (Facebook, Instagram e X) o nome das persoas gañadoras de todos os vales de compra e do comercio. Os premiados e premiadas poderán gastar os seus premios a través dunha tarxeta regalo da APP de Asetem. As bases da campaña están penduradas na páxina

web da entidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o equipo directivo da Asociación animan aos asociados a ser activos nesta actividade de promoción e dinamización comercial. A maiores, animan á veciñanza e visitantes a comprar en Melide durante esta campaña para premiar a súa gran fidelidade no noso comercio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page