top of page

O Club Escola Atletismo Deza abre as inscricións

2 sept 2022
1 min de lectura

O luns 12 de setembro dará comezo a tempada 22-23 en todas as categorías


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza retoma a súa actividade e pon en marcha a tempada 2022-2023. A partir de onte, 1 de setembro, todas as persoas interesadas poderán realizar as súas inscricións. Para tramitalas é preciso poñerse en contacto co Club a través do correo

electrónico atletismo.deza@gmail.com ou a través do teléfono do director deportivo Nacho

Castro (623189677).

O presidente do Club Escola Atletismo Deza, Iago Pazos, con unha das adestradoras Zaira Soto.

Os horarios por categorías para a presente tempada serán:

  • Sub6, sub8 e sub10 (2019 a 2015-2016): Luns e venres de 16:30 a 17:30 horas.

  • Sub10, sub12 e sub14 (2015 a 2010-2011): Luns, martes, mércores, xoves e venres 18 a 19 horas. A escoller de un a tres días/semana.

  • Sub16, grupo de pre-tecnificación (2009-2010 e iniciantes): Luns, martes, mércores, xoves e venres de 19 a 20:30. A escoller os días segundo as probas a traballar.

  • Sub18, sub20, sub23 e absoluto, grupo de tecnificación e rendemento: luns, martes, mércores, xoves, venres de 19 a 21:15 horas. Días a falar individualmente segundo cada caso (de 3 a 5 días).

  • Veteráns: Luns e xoves de 21:00 a 22:00 horas.

As xornadas desenvolveranse entre o estadio Manuel Anxo Cortizo, as instalacións do Lalín

Arena ou o local social de Donramiro. Para ter información das tarifas é preciso poñerse en contacto co club, que o persoal encargado da xestión facilitaralle toda a información para coñecer prezos, desenvolvemento de actividades, adestradores, competicións etc.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Desde o Club queremos destacar que esta familia do Atletismo Deza está a medrar e o

obxectivo para esta nova tempada e superar os 200 inscritos, ademais de participar en máis probas co maior número de deportistas".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page