O Club de Loita Keltoi Cruces organiza clases de loitas olímpicas para este curso
- Laura Moure

- 14 sept 2025
- 2 min de lectura
Contará coa campioa de España Nerea Pampín como adestradora
Laura Moure/Vila de Cruces
O Club de Loita Keltoi Cruces, coa colaboración do Concello de Vila de Cruces, pon en marcha unha nova edición das clases de loitas olímpicas para o curso 2025/2026. Este programa deportivo contará cun equipo de adestradores de primeiro nivel, encabezado pola loitadora cruceña Nerea Pampín, actual campioa de España na categoría de 68 kg e con ampla experiencia en competicións internacionais. Xunto a ela estarán os técnicos do club Keltoi: Moncho García, Rubén Lois e José Vázquez.

As clases estarán dirixidas tanto a persoas que desexen iniciarse na disciplina como a
aquelas que xa conten con experiencia e queiran mellorar o seu nivel. Haberá dous grupos de iniciación que recibirán as clases no ximnasio municipal os luns e os mércores, o primeiro grupo de 15:40 a 16:40 horas, e o segundo de 16:40 a 17:40 horas. Ademais, de iniciación tamén se ofrecerán clases no CEIP Nosa Señora da Piedade, os mércores e venres de 15:30 a 16:30 horas para o alumnado de 1º e 2º de Primaria. O grupo de perfeccionamento terá as clases no ximnasio municipal os luns, mércores e venres de 17:40 a 19:00 horas.
Publicidade
O prazo de inscrición xa está aberto. As persoas interesadas poden solicitar máis información sobre os grupos, idades e horarios chamando ao número de contacto: 617
409 895. O Concello de Vila de Cruces reafirma así o seu compromiso co deporte base e co fomento de disciplinas olímpicas entre a mocidade do municipio.







Comentarios