top of page

O club de lectura feminista “Máis Violeta” volve a Silleda cunha nova edición a partir de setembro

31 ago
2 min de lectura

O Departamento de Igualdade abre hoxe, luns 31 de agosto, o prazo de inscrición para participar nesta iniciativa, con 15 prazas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do Departamento de Igualdade, pon en marcha unha nova edición do club de lectura feminista “Máis Violeta”, unha iniciativa que regresará este outono para continuar creando un espazo de encontro, reflexión e intercambio arredor da literatura e do feminismo.

A actividade, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, contará cun máximo de 15 participantes e desenvolverase cunha periodicidade quincenal na Biblioteca Municipal de Silleda. A primeira sesión terá lugar o venres 25 de setembro, ás 20:00 horas.


“Máis Violeta” nace como un espazo no que compartir lecturas, experiencias e contidos que permitan achegarse a diferentes realidades desde unha perspectiva feminista, favorecendo ao mesmo tempo o pensamento crítico, o diálogo e a creación de comunidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A cultura e, en particular, a literatura constitúen unha ferramenta fundamental para comprender realidades que ás veces sentimos afastadas, visibilizar experiencias que permaneceron durante moito tempo silenciadas e dar voz a diferentes xeracións de mulleres. Desde esta perspectiva, o club busca empregar a lectura como vehículo de reflexión, reivindicación e cohesión social, construíndo unha comunidade baseada na sororidade.


A concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, destaca a boa acollida que vén tendo esta proposta e a importancia de “manter espazos nos que poder compartir lecturas e opinións con liberdade, coñecer outras realidades e seguir avanzando na sensibilización e na igualdade a través da cultura”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Inscricións do 31 de agosto ao 15 de setembro

O prazo para participar nesta nova edición abrirase o luns 31 de agosto e permanecerá aberto ata o martes 15 de setembro.


As inscricións poderán realizarse no Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda, situado na rúa Progreso, 41, no edificio da Casa do Concello, a través do teléfono 986 592 037 ou no correo electrónico cim@silleda.es . O club dispón de 15 prazas, que serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page