top of page

O Club Atletismo Deza organiza unha nova edición do Campus de Verán dende o 23 de xuño ao 1 de agosto

As prazas estarán limitadas a 50 rapaces por semana


Laura Moure/Lalín

O Club Atletismo Deza organiza unha nova edición do Campus de Verán, que se levará a cabo por semanas, dende o 23 de xuño ao 1 de agosto. As prazas estarán limitadas a 50 rapaces por semana, dividíndose en tres grupos de idades, e diríxese á cativada nada entre 2019 e 2013.

O horario será de 8:00 a 14:30 horas, de luns a venres, contando con flexibilidade para os

horarios de chegada e saída, levándose a cabo entre o Lalín Arena, Manuel Anxo Cortizo e o casco urbano de Lalín. En canto ao prezo, será de 40 euros/semana para atletas do club e de 45 euros/semana para non pertencentes ao club. O pago a través de CLUBER terá un custo a maiores de 1 euro, debido a gastos de xestión e no caso de reservarse unha única semana serán 5 euros máis.


Para o pago en man, habilitaranse unhas datas para facer o pago e as prazas quedarán reservadas ata o 13 de xuño. Se nese momento non está feito o pago, chamaranse as persoas da lista de espera. No caso de escoller o pago en man, deberase escoller esa opción na cota.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para inscribirse é necesario cubrir un formulario colgado nas redes sociais

(https://app.cluber.es/clubes/98a5b15a27f31b672a2a2d8674c28126aaeacb7c/pagos/68204f7010d9b787187824) ou poderase solicitar a Nacho Castro (623 189 677). A praza quedará confirmada unha vez se cubra o formulario e se realice o pago. No momento en que se cubran as prazas, abrirase unha lista de agarda que, no caso de cancelacións, se irán chamando por estrita orde de inscrición.


Trátase dun Campus completo de actividades, tanto enfocadas ao atletismo (adestramentos de saltos, carreiras e lanzamentos) como outras enfocadas ao multideporte (xogos tradicionais, coordinativos, de equipo, na piscina etc.), e outros educativos (artesanías, visita de atletas, pintura etc.). Tamén haberá saídas en ruta á natureza, busca do tesouro, xogos con auga e moitas máis cousas. Para o adecuado desenrolo do campus, o material necesario por cada menor será roupa e calzado de deporte, tendo en conta a meteoroloxía e que botarán bastantes horas fóra da casa.



Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page