top of page

O ciclo de teatro "Pegadas de Castelao" chega a Sobrado dos Monxes no mes de setembro

Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A área de lingua da Deputación presentou este venres en San Sandurniño o ciclo de teatro "Pegadas de Castelao", que chegará a 10 concellos da provincia da man da compañía Migallas Teatro ata final de ano. Entre estes municipios figura Sobrado dos Monxes. Unha actividade que forma parte da programación do 'Ano Castelao' da entidade provincial. Así o anunciou este venres a deputada de lingua, Sol Agra, acompañada do alcalde de San Sadurniño, Secundino García nunha presentación na que tamén estivo a deputada provincial Cristina García Rey, a concelleira de cultura, Araceli Bellas e o concelleiro de obras, Manolo Beceiro.

A deputada Sol Agra declarou que "o espectáculo Pegadas de Castelao, a quere amosar as profundas pegadas que deixou Castelao na historia e na cultura de Galicia así como avivar o interese por afondar no coñecemento da súa vida, da súa obra e do seu pensamento. Castelao é unha referencia ideolóxica para o futuro do país e queremos achegalo á rapazada dun xeito lúdico e ameno, sen deixar por iso de ser rigorosos na divulgación de todas as súas facetas, porque, como el dixo, todo os seus debuxos e escritos respondían ao seu empeño de converter os soños en realidades e as ideas en feitos, para conseguir un país con igualdade, xustiza social e soberanía".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Trala estrea de hoxe en San Sadurniño, o espectáculo de Migallas Teatro estará en Dumbría o 24 de xullo; en Corcubión o 30 de agosto; en Val do Dubra o 22 de setembro; en Sobrado o 24 de setembro; en Mesía o 3 de outubro; en Cerdido o 4 de outubro; en Zas o 24 de outubro; en Mazaricos o 2 de novembro e en Vilamaior o 28 de novembro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Pegadas de Castelao" é un espectáculo de Migallas Teatro dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida. Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page