top of page

O ciclo “Concertos da rúa” achegará a música das catro formacións bandísticas lalinenses este verán

Deste xeito, a música sairá dos auditorios e escenarios habituais para chegar directamente á veciñanza, enchendo de son algúns dos lugares máis concorridos de Lalín


Laura Moure/Lalín

A Concellería de Cultura de Lalín dirixida por Begoña Blanco pon en marcha este verán unha nova edición do ciclo “Concertos da rúa”, unha proposta pensada para achegar a música aos espazos públicos e converter as tardes estivais nun punto de encontro arredor da cultura, da tradición musical e da vida nas rúas.

A iniciativa contará coa participación das catro formacións bandísticas lalinenses, que actuarán ao aire libre en distintos emprazamentos destacados da vila. Deste xeito, a música sairá dos auditorios e escenarios habituais para chegar directamente á veciñanza, enchendo de son algúns dos lugares máis concorridos de Lalín.


A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, destacou que este ciclo “permite poñer en valor o enorme talento das nosas bandas de música e, ao mesmo tempo, dinamizar as rúas e prazas durante o verán”. Blanco subliñou tamén que as formacións bandísticas “forman parte esencial da identidade cultural de Lalín e son un orgullo colectivo que debemos seguir apoiando e visibilizando”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O programa dará comezo o sábado 11 de xullo, coa actuación da Banda de Vilatuxe, que ofrecerá o seu concerto no KM0 ás 19:30 horas.

A segunda cita será o sábado 8 de agosto, coa actuación de A Lira de Prado, que terá lugar na Praza da Torre, tamén ás 19:30 horas.

O ciclo continuará o domingo 16 de agosto, coa participación da Banda de Muimenta, que actuará na rúa Rosalía de Castro ás 19:30 horas.

Finalmente, a Banda de Lalín será a encargada de pechar a programación o sábado 29 de agosto, cun concerto na Praza da Igrexa, ás 19:30 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Todos os concertos serán de entrada libre e desenvolveranse a partir das 19:30 horas, convidando á veciñanza e visitantes a gozar da música ao aire libre nun ambiente próximo, festivo e aberto a todos os públicos.


Con esta programación, a Concellería de Cultura reafirma o seu compromiso coa promoción da música local e coa dinamización cultural do municipio durante o período estival, apostando por unha oferta accesible, participativa e vinculada á tradición bandística de Lalín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page