O ciclo 'As Mañás en Nugallás' xa ten aberto o prazo para o obradoiro deste 1 de agosto
Esta inciativa de Tarabela Creativa trae cada sábado de verán ao Parque Central de Galicia un obradoiro e un espectáculo
Laura Moure/Antas de Ulla
Este vindeiro sábado, 1 de agosto, celebrarase a quinta xornada do Ciclo Cultural As mañás en Nugallás, unha idea orixinal de Tarabela Creativa e que está promovida pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa celebrouse todos os sábados de xullo e continuará todos os sábados de agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla). Esta iniciativa trae a Nugallás cada sábado, dende as 10 horas, ata ao mediodía, un obradoiro e un espectáculo.

O sábado pasado grandes e pequenos aprenderon moitísimo da man de Carmela de Milhulloa, que foi a encargada de impartir o obradoiro Laboratorio Verde Ulloa. "Un verdadeiro laboratorio onde as plantas foron as protagonistas e no que aprendemos sobre a súa química, o poder que concentran e os segredos das medidas: elaboramos xabón, pasta de dentes e ata pintabeizos. Auténtica cosmética natural, do centro mesmo da nosa terra!", destaca a organización.
PUBLICIDADE
E despois foi a quenda do espectáculo Chafallas, a vendedora de fume, de A Cova das Letras coa silledense Cristina Collazo. "Engaiolou á xente grande e pequena, con teatro de obxectos, con contos e coplas de tradición e tamén con moito humor!", subliña Tarabela Creativa.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Este sábado ás 10 horas arrancará o obradoiro Xoguetes Sonoros impartido por Miudiño-Xogo e Cultura para naturalizar a infancia. Os participantes aprenderán a crear instrumentos con elementos naturais e materiais de refugallo e facelos soar! Nos obradoiros é necesario inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. Os interesados deben facelo a través do seguinte formulario: https://forms.gle/t1yFmnkaA29q72vs9
PUBLICIDADE
Despois ás 12:30 horas actuará Assircópatas con Rogelio, un paiaso en recuperación.











Comentarios