top of page

O chef Andrés Torreiro, de D’Obra Gastronómico de Melide, opta ao Premio Cociñeiro Galego 2026

As votacións están abertas ata o 17 de maio


Laura Moure/Melide

O chef Andrés Torreiro, do restaurante D’Obra Gastronómico de Melide, foi nomeado ao recoñecemento de Cociñeiro Galego 2026, un galardón promovido polo Fórum Gastronómico de Galicia, que distingue o talento culinario máis destacado do país. Son en total cinco finalistas.

Desde o propio establecemento melidense amosaron a súa satisfacción por esta nominación, que consideran “un impulso para seguir traballando coa mesma paixón, dedicación e cariño de cada día”. O equipo de D’Obra destacou tamén a importancia do apoio do público nesta fase do proceso.

 PUBLICIDADE

As votacións xa están abertas e permanecerán activas ata o 17 de maio, polo que desde o restaurante animan á veciñanza, clientela e persoas afeccionadas á gastronomía galega a participar para apoiar a candidatura de Torreiro.


 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este recoñecemento sitúa unha vez máis a Melide no mapa gastronómico galego e pon en valor o traballo que se está a desenvolver desde proxectos locais comprometidos coa calidade, o produto e a identidade culinaria de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page