O centro social de Melide, punto de encontro dos Elfos
- Laura Moure
- 18 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Este ano o Concello desta localidade participa no proxecto solidario Elfos y Calcetines para que ningunha persoa se quede sen agasallo de Nadal
Laura Moure/Melide
Este ano o Concello de Melide participa no Nadal no proxecto solidario 𝗘𝗹𝗳𝗼𝘀 𝘆 𝗖𝗮𝗹𝗰𝗲𝘁𝗶𝗻𝗲𝘀 convertendo o centro social nun punto de recollida de agasallos Elfo.

𝗘𝗹𝗳𝗼𝘀 𝘆 𝗖𝗮𝗹𝗰𝗲𝘁𝗶𝗻𝗲𝘀 é unha ONG que pretende achegar un agasallo de Nadal a todas as persoas que pola súa circunstancia persoal e/ou social non teñen a posibilidade de recibilo. Comezou coa súa andaina no ano 2012 en Galicia.
Se queres ser un ELFO e facerlle un agasallo alguén este Nadal aínda estás a tempo de darte de alta na seguinte ligazón, onde ademais obterás máis información desta gran iniciativa solidaria. https://elfosycalcetines.org/registro/elfo
Na última campaña, na de 2021, houbo 3.717 elfos que xuntaron 3.462 agasallos.
Commentaires