top of page

O centro que Cogami ten en Medelo acometeu obras de mellora con fondos procedentes da X Solidaria

Mantemento e conservación do exterior, de iluminación, no sistema de calefacción e

adaptación de aseos foron algunhas das obras levadas a cabo no ente silledense


Laura Moure/Silleda

Durante este ano, o centro de recursos que ten Cogami en Medelo, no concello de Silleda,

desenvolveu obras de conservación e mantemento, co fin de que as instalacións sexan o

máis cómodas para as 27 persoas usuarias que acoden ao centro de día e ocupacional de luns a venres.

Ditas obras foron posibles coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través dos fondos do

0,7% do IRPF da declaración da renda, procedentes das persoas contribuíntes que

marcaron o cadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social,

coñecida pola X Solidaria.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As remodelacións que se levaron a cabo foron de mantemento e conservación no exterior

do centro e tamén dos camiños que o rodean, así como a creación de bancais adaptados

para o obradoiro de horta que se desenvolve. A mellora da iluminación, a adaptación dos

baños e aseos, así como a mellora do sistema de calefacción, foron outras das obras

acometidas no centro de Medelo durante este ano.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page