top of page

O centro de Cogami en Medelo sensibiliza sobre discapacidade no CPI Plurilingüe de Vedra

Participaron menores de infantil, 3º de primaria e 1º ESO quen, tras as charlas teóricas,

puideron poñerse na pel de persoas con mobilidade reducida ou persoas cegas


Laura Moure/Silleda

Un grupo de dez persoas usuarias, acompañadas de catro profesionais e unha persoa en prácticas do centro de recursos que Cogami ten en Medelo (Silleda) desprazáronse ata o CPI Plurilingüe de Vedra para impartir unhas xornadas de concienciación e sensibilización sobre a discapacidade.

As aulas que participaron nesta xornada inclusiva foron de infantil, 3º de primaria e 1º ESO.

Como son diferentes idades, dende Medelo levaron preparadas actividades adaptadas a

cada unha destas idades, como contacontos, xincanas multisensoriais e xogos

sensibilizadores.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Esta actividade resultou ser moi participativa onde as nenas e nenos puideron experimentar en primeira persoa como se despraza unha persoa usuaria de cadeira de rodas, como supera os obstáculos que atopa pola rúa e tamén como se guía unha persoa cega, por exemplo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page