top of page

A Deputación destina máis de 80.000 euros para que Dozón constrúa unha pista multideporte no Castro

Trátanse de recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros, o dobre que na súa primeira edición


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 81.400 euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que o Concello de Dozón afronte a construción dunha pista multideporte no Castro de Dozón. Como explicou o presidente da institución provincial, Luis López, “seguimos avanzando na mellora das infraestruturas e equipamentos deportivos da provincia, modernizándoos como nunca antes se fixera e a través deste segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que está dotado con 8 M €, o dobre que na pasada edición”.

Desta maneira, as actuacións que se levarán a cabo con estes recursos provinciais consisten na creación dunha pista para a práctica de fútbol, baloncesto, balonmán, tenis, bádminton, voleibol, así como as distintas variantes dos mesmos nun espazo público de titularidade municipal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En concreto, procederase á demolición, desbroce e limpeza do terreo por medios mecánicos e á construción dunha pista de xogo de 30x15 m2, que estará pechada en todo o seu perímetro. Tamén se executará unha rede de recollida de augas, que se conectará á rede xeral de pluviais existente na contorna.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page